Martes 4 de outubro: INCORRUPTIBLES

O martes 4 de outubro dará comezo PICAVERSOS. Os tres lectores convidados a abrir este ciclo de lecturas son Olga Novo, Martin Wu (The Homens) e Lupe Gómez.

Escollimos para esta primeira sesión o lema INCORRUPTIBLES. O dicionario di que incorruptible é algo que non se pode corromper, isto é, que non se bota a perder nin apodrece, e tamén que non pode ser subornado nin corrompido. Os convidados, que a nós nos gusta pensar, dalgún ou doutro xeito, incorruptibles (por iso os escollemos), agasallarannos con textos propios ou alleos que se acollan a esta definición.

E entre lectura e lectura, música e bo ambiente. Palabras vivas e calor de outono.

Advertisements

7 thoughts on “Martes 4 de outubro: INCORRUPTIBLES

  1. Das mellores propostas culturais que escoitei nos meus dezanove anos de vida. Moitísimas grazas, persoalmente agardo que sexan un éxito e poidamos achegar a poesía á maioría de xente posíbel, que voen connosco que se deixen levar…

    Ramón R. Nogueira

  2. completamente dacordo con R.Nogueira …eu dende o concurso de xuramentos no primeiro Castanhazo rock non me sentira tan impactado por unha iniciativa poética, forza e noraboa!!

  3. Pingback: Santiago: recital poético Picaversos, con Olga Novo, Martin Wu e Lupe Gómez | ::Axenda cultural AELG::

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s