Que é PICAVERSOS?

PICAVERSOS é un ciclo de lecturas poéticas que dará comezo o martes 4 de outubro a iso das 21.00 h. no pub Modus Vivendi (Praza de Feixoo, Santiago de Compostela).
Cada quince días haberá unha nova sesión dunha duración aproximada de hora e media. Nela, tres convidados (que poden ser escritoras, pero tamén músicos, ou xente do teatro, ou taberneiras, ou magos…) escollerán os seus textos poéticos preferidos arredor dun lema. Lerán textos propios e alleos.
PICAVERSOS quere recuperar, dunha parte, o pracer de compartir unha lectura que nos gusta en voz alta, e doutra, o pracer de escoitala. En tempos vertixinosos, cativos, propoñemos un gorentoso exercicio de concentración: só a VOZ e a PALABRA. Lector e receptor nun encontro único e irrepetible. E entre lectura e lectura, picaremos tamén algún tema musical.

PICAVERSOS pretende visibilizar a poesía fóra do eido exclusivamente literario e ampliar o seu público. Quere reunir voces diversas sen espazo conxunto nas programacións institucionais. E busca recuperar as lecturas poéticas amplas, non tan orientadas á produción propia como lecturas escollidas (e preferidas) sobre un tema proposto.

A entrada a cada sesión do ciclo custa 2 €. Agardámoste PICAndo VERSOS!!!

Advertisements

11 thoughts on “Que é PICAVERSOS?

  1. Pingback: Santiago: recital poético Picaversos, con Olga Novo, Martin Wu e Lupe Gómez | ::Axenda cultural AELG::

  2. Pingback: Santiago: recital poético Picaversos, con Deborah Vukusic, Carlos Santiago e Snob Megalove | ::Axenda cultural AELG::

  3. Pingback: Santiago: recital poético Picaversos, con Dores Tembrás, Xosé María Álvarez Cáccamo e Nuria Sanz | ::Axenda cultural AELG::

  4. Pingback: Santiago: recital poético Picaversos, con Paco Macías, Iago Martínez e Mario Regueira | ::Axenda cultural AELG::

  5. Pingback: Santiago: nova edición do Picaversos, con Pilar Pereira, Fantoches Baj e Chus Pato | ::Axenda cultural AELG::

  6. Pingback: Santiago: Picaversos, con Estíbaliz Espinosa, Manuel Cortés e Manuel Outeiriño | ::Axenda cultural AELG::

  7. Pingback: Santiago: Picaversos especial en homenaxe a Wislawa Szymborska | ::Axenda cultural AELG::

  8. Pingback: Santiago: recital Picaversos sobre as viaxes | ::Axenda cultural AELG::

  9. Pingback: Santiago: recital Picaversos sobre as Adictos | ::Axenda cultural AELG::

  10. Pingback: Santiago: recital Picaversos: Nocturnos | ::Axenda cultural AELG::

  11. Pingback: Santiago: recital Picaversos, Luminosos | ::Axenda cultural AELG::

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s