Así foron @s INCORRUPTIBLES

Encantadas estamos co éxito da primeira sesión de PICAVERSOS. Olga, Lupe e Martiño agasalláronnos con propostas moi diferentes que o público escoitou atentamente, entregado e concentrado. Ata houbo quen se puxo nostálxic@ desas noites compostelás nas que os recitais poéticos invadían bares e  residencias estudiantís…

Aquí vos deixamos os nomes dos autores que picaron os nosos convidados INCORRUPTIBLES:

Olga Novo: Textos da súa autoría, Wislawa Szymborska, Uxío Novoneyra, Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer.

Lupe Gómez: Neira Vilas (Memorias dun neno labrego), Lois Pereiro, Antonio Gamoneda, Alejandra Pizarnik.

Martin Wu (acompañado de Le Roi): Traduciu e reinterpretou temas de Experience, Mc Carthy, Gill Scott-Heron, Fugazi. E tamén “Alba nuclear” (The Homens).

E aquí magnífica reportaxe que fixo Xia Arias para o Diario Cultural.

Agardámosvos o martes 18 con PICAVERSOS – FERID@S!

Advertisements

4 thoughts on “Así foron @s INCORRUPTIBLES

  1. “Incorruptibles”? Que tem que ver a escrita literária com a honradez? Como se nom houvesse muitos casos de escritores, poetas incluídos, corruptos, desonestos, etc !! Nom entendo o título deste ciclo.

    • Ola José. Efectivamente, a escrita literaria non ten NADA que ver coa honradez. Se cadra non liches con detemento o post onde explicamos de que vai a nosa proposta. Para empezar, o ciclo chámase PICAVERSOS, non “Incorruptibles”. “Incorruptibles” é o lema arredor do cal se artellou a primeira sesión. A nosa idea é que cada sesión teña un lema, unha excusa temática para que os convidados escollan textos propios e alleos. Tratamos de buscar lemas flexibles, inspiradores, polisémicos. “Incorruptible” por exemplo non ten só o significado que tu lle das, non é? Nas seguintes sesións virán convidados “Feridos”, verase a “Música” nos textos poéticos e haberá poetas “Inocentes” (que seguramente nos amosen tamén o reverso desa palabra”.

      Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s