Sesión especial de SOÑOS

Como xa anunciamos, este martes 10 de xaneiro ás 21.00 h. no Modus Vivendi, teremos no Picaversos un trío de luxo: Ildefonso Rodríguez, Bernardo Martínez e Cova Villegas. Eles protagonizarán a sesión de SOÑOS, cun espectáculo poético-musical preparado e á vez improvisado especialmente para a ocasión.

Vai ser delicioso, iso é seguro.

Deixámosvos aquí as súas biografías por se queredes saber máis cousas deles:

Ildefonso Rodríguez (Poesía)

(León, 1952) foi membro fundador das revistas Cuadernos leoneses de poesía e El signo del gorrión. Publicou os libros de poesía: Mantras de Lisboa (Ediciones Portuguesas, Valladolid, 1986), Libre volador (Libros de la peonza, Arenas de San Pedro, 1988), La triste estación de las vendimias (Provincia, León,  1988. Premio Fray Bernardino de Sahagún), Mis animales obligatorios (Renacimiento, Sevilla, 1995. Premio Rafael Alberti; Mes animaux obligatoires, Antoine Soriano, Éditeur, París, 2000), Coplas del amo (Icaria, Barcelona, 1997), Escondido y visible, en colaboración co pintor Esteban Tranche (León, 2000) e Política de los encuentros (Icaria, Barcelona, 2003). En 1998 apareceu o seu primeiro libro de narrativa, Son del sueño (Madrid, Ave del Paraíso). Tamén publicou un libro sobre poesía e música,  El jazz en la boca (Dossoles, Burgos, 2007), a plaquette Naturalezas, co pintor Francisco Suárez (Escuela de Arte de Mérida, 2007), e o libro Automáticos, co poeta Miguel Suárez e a pintora María Murciego (Ediciones Leteo, León, 2009).

Colaborou con pintores e artistas plásticos (Andrés Edo, Javier Fernández de Molina, Miguel Bermejo).

Traduciu a poetas franceses (Luc Dietrich, Joyce Mansour, Louis-François Delisse, Jean-Yves Bériou), ingleses e norteamericanos (Sidney Keyes, C. K. Williams).

Publicou lecturas críticas sobre poetas españois contemporáneos, en especial sobre Antonio Gamoneda.

Partícipe do libro colectivo Escrituras materiales (Oviedo, 1972), está incluído, entre outras, nas antoloxías Esto era y no era (Miguel Casado, Ámbito, Valladolid, 1985), La prueba del nueve (Antonio Ortega, Cátedra, Madrid, 1994), Campo abierto (Marta Agudo y Carlos Jiménez Arribas, DVD, Barcelona,  2005), e decir casa (Víctor M. Díez, TTT, Zamora, 2007).

Toda a súa obra poética foi reunida no volume titulado Escondido y visible (Editorial Dilema, Madrid, 2008)

É saxofonista, dedicado ao jazz e á improvisación libre (Sin Red, Quinteto Cova Villegas, Dadajazz) e dirixe un aula-taller da mesma materia na Escola Municipal de Música de León.

Cova Villegas (Voz)

Cantante asturiana afincada en León, formou parte, entre 1982 e 1986 do septeto de jazz “El Combo de Sara”, actuando en distintos lugares de España dentro do Estival 1984-1985, patrocinado pola Junta de Castilla y León. A partir de 1986 codirixe, xunto co guitarrista norteamericano Cy Williams, o grupo “En Trío”, actuando en toda España, Portugal e Francia. En 1986, o grupo é seleccionado para tocar no Festival Internacional de Jazz de Getxo.

En 1993 participa como cantante e recitadora no espectáculo de poesía, vídeo e música en directo, “Costra y Lámpara”. Xunto a poetas como Olvido García Valdés e Miguel casado.

En 1998 forma o grupo “Quinteto Cova Villegas” e en 1999 graba o seu primeiro disco “Canción de las Orillas”. O Quinteto é convidado, entre outros, o Festival Oviedo Es Música, o Festival Internacional de Guitarra de Ponferrada, ou o Festival Internacional de Jazz de Valladolid, onde comparte escenario co gran pianista Mc Coy Tyner. Durante 2006 participa en distintos Festivales de Jazz, organizados pola Red de Teatros de Castilla y León, en Valladolid, Ávila, Palencia, Burgos, Soria, Ponferrada, Benavente, Toro e Ciudad Rodrigo.

En 1998 forma parte da orquestra de improvisadores dirixida por Butch Morris, en Barcelona, e participa como cantante dentro do octeto “En Crudo”, no III Festival Internacional de Música Improvisada Hurta Cordel, en Madrid.

Máis tarde entra a formar parte da Orquesta FOCO traballando con directores como Peter Kowald, Dave Tucker, Steve Beresford, William Parker e outros moitos.

En 2002 entra a formar parte do Cuarteto Sin Red, dedicado á improvisación libre e co que deu concertos en festivais internacionais en Europa (Inglaterra, Alemania, Austria, Rumania, Francia, Suiza) e América (Sao Paulo, Niteroi).

Tivo a oportunidade de compartir escenario con improvisadores do panorama europeo como Peter Kowald, Evan Parker, Lol Coxhill, Christoph Irmer, Mick Beck, Vanessa Mackness o Barbara Meyer.

En 2001 grava a música para a obra de teatro Alta Comedia, estrenada en Ferrol pola compañía Teatro do Noroeste.

En 2008, xunto co músico Javier Iriso e o poeta Víctor M. Díez, crea o espectáculo poético-musical Paisaje Rimbaud, presentado no Festival Internacional de Improvisación Hurta Cordel 2009.

Bernardo Martínez (Música)

Multiinstrumentista (saxo, clarinete, percusións, guitarra, baixo…) e compositor, ten formado parte de distintas formacións, tanto no eido do folk (DOA), como do jazz (Cuarteto Filloa, Jazzanga…) e do swing (Aló Djangó). Desde o ano 2000 forma parte do grupo poético musical OURIOL, xunto a Fito Ares e a Eva Veiga.

Ten unha ampla traxectoria como compositor e músico en espectáculos teatrais, traballando para compañías como

Moucho Clerck, Ollomol, Teatro do Aquí ou o CDG. É autor da música de espectáculos como Saxo Tenor, Doentes, A voda dos Moinantes, Como en Irlanda, Si o vello Simbad…, O ano do cometa, Imperial Café Cantante, ou Noite de Reis, entre moitos outros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s