E chega a sesión Salvaxes

Como anunciamos no último Picaversos, a sesión dos SALVAXES contará coa presenza de Marta Pazos, Víctor Díez e Felipe Zapico. Deixámosvos aquí unha pequena biografía de cada un deles para que vos fagades idea do perfil multifácetico dos nosos convidados…

Estamos encantadas de poder contar con eles. Amig@s: é para non perder.

MARTA PAZOS (Pontevedra, 1976). Directora, actriz e escenógrafa. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Fórmase en comedia e teatro danza. Desde 2000 dirixe espectáculos en España e Portugal. Como actriz traballa no Teatro Nacional São João de Oporto, o Centro Dramático Galego, o Centro Dramático de Aragón e nas compañías Matarile, Chévere, Trigo Limpo, PistaCatro, la Fura dels Baus e Belmondo, entre outras. Roda numerosas longametraxes, documentais, curtametraxes e series de televisión. En 2007 funda a compañía Voadora. En 2011 recibe o Premio de Teatro María Casares XV á Mellor Dirección polo espectáculo Super8.

VÍCTOR M. DÍEZ naceu en León en 1968. É autor dos poemarios Evaporado va; Cordura Abajo; Circo Varado (Nómadas, Oviedo. 1999); Oído en Tierra (De la luna libros, Mérida. 2000) VI Premio «Ciudad de Mérida» de Poesía;  Voz fuera de campo (Icaria, Barcelona. 2004); Ser no representable (De la luna libros, Mérida. 2004); Todo espera un fuego (Antología 1989-2008) (Ed. Provincia, León. 2010) e Funeral Celeste (Ed. Eolas, León. 2011)

Asinou guías de viaxes, catálogos de pintura e libros de encarga como XXV años de Teatro Corsario (Junta de Castilla y León, Valladolid. 2007) e Decir casa -antología poética sobre el hecho de habitar-  (Trenzametal Edita, Zamora. 2008). Foi responsable de ciclos poéticos como Alzado de la ruina (Salamanca, 1996), Pequeñas cosas para el agua (León, 2001), Cuatro Cuartetos (León 2007-2009) e Un golpe de dados (León, 2010).
Colaborador habitual de revistas literarias e prensa diaria, traballou para a Semana Internacional de Cinema de Valladolid, como redactor da súa revista oficial SEMINCI, durante oito edicións. Coordinou varios Talleres de Escritura Creativa para a Universidade e o Concello de León.

Como poeta de acción colaborou na última década con músicos improvisadores en diferentes proxectos. Actualmente percorre escenarios nacionais e internacionais coa agrupación Sin Red. Pertence ao colectivo Musicalibre.

FELIPE ZAPICO ALONSO, Zapi, naceu en León, en 1960, e desde fai algnos anos vive en Badajoz. Entre as súas moitas facetas destacamos as de actor, fotógrafo viaxeiro, voz cantante do mítico grupo leonés Deicidas e escritor de poemas e letras de cancións. É doutor en Documentación pola Universidade de Salamanca e exerce como profesor na Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Estremadura. Publicou dous libros de poemas en papel, Litros e Balances parciales,  dentro da Colección Ería. Ten colgada na actualidade unha exposición de fotografías titulada Retratos de Traviesas no bar St Martin de León.

Incansable activista na rede, mantén as webs narcisoelvalvulista.blogspot.com http://zapico.aminus3.com e http://carretes.aminus3.com. Vén de empezar o proxecto: http://ebookprofeno.blogspot.com.es.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s