Fotos da jam + poemas de Celia Parra, Laura Villar, Juan Bello e Jesús Castro

Noite de jam poética entre brumas: a humidade filtrábase por cada recunchiño e fixo que a sesión tomase un cariz atemporal, melancólico.

Obrigadas a Celia Parra, Laura Villar, Juan Bello e Jesús Castro, que leron os seus poemas tricolores, dos seus cadernos escritos a man, de libros propios (pois algún é xa poeta galardoados e publicados) e doutros autores tamén.

Foi tamén a nosa oportunidade (por fin!) para ler no Picaversos.

Aquí unha mostra do que alí se leu:

2 poemas de Celia Parra:

Son

o que me resoa

                  baixo a pel

latexo ad libitum.

Tantos anos de metrónomo

un dous                                    un dous

                  un

e único ritmo

penetrándome a tempo         maldigo

a porosidade a absorción

o único

                  e un

    da orquesta

                  un dous                 

somos solistas xunguidos pola mesma batuta

non ouses

arrincarte en contratempos.

Deshabítasme

nas horas brancas

e fico exposta ás correntes do inverno

ecoa o tempo un rouco gris.

Hei remodelar a casa

abrigar de contras todas as fiestras

que o vento

non me arrinque de min   

1 de Juan Bello

MI BOHEMIA, de Rimbaud [Remake]
 
me iba con los puños en mis bolsillos rotos
el teléfono móvil no dejaba de sonar
has de ser alguien respetable me insistieron
por eso me perfumo y voto cada cuatro años
 
conduce con cuidado no consumas drogas
no mires el reloj durante la primera cita
cede tu asiento a los ancianos en el autobús
siempre he oído consejos de boca de todos
 
pero ahora que la noche termina en un charco
ahora que el amanecer nos señala con el dedo
y no es más que toda esa piel de gallina
 
amontono mis pies a un lado de la carretera
bebo el agua amarilla de las últimas farolas
y procuro saber exactamente dónde estoy
 
                                                  eso es todo

FOTOS cortesía de Esther Taboada + Pedro Solla.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s