SIN RED no Momo este venres 10 de agosto

Pasado mañá, venres 10, poderemos ver ao cuarteto Sin Red no xardín do pub Momo, ás 21 h., dentro do festival Feito a man.

@s que tivestes a oportunidade de ver a Ildefonso Rodríguez e Cova Villegas na sesión de SOÑOS ou a Víctor Díez na de SALVAXES habedes ter, estamos seguras, ganas de recuncar e velos xuntos nesta fascinante agrupación que fusiona música e poesía, voz e música, desde unha perspectiva contemporánea baseada na improvisación libre.

Ademais, o repertorio deste venres incluirá algún clásico das vangardas poéticas. Picaversos quere celebrar o nacemento do artista Eugenio Granell -o maior expoñente galego do surrealismo, que viviu a súa nenez e xuventude en Santiago, onde ten a sede a súa Fundación-, e por iso as dúas sesións especiais do Feito a man serán SURREALISTAS. Unímonos así aos actos conmemorativos do 100º aniversario do nacemento de Granell que se están a celebrar en diversos puntos de Compostela.

A proposta de SIN RED vai máis aló da mistura de música e poesía, ese trasfondo réndese ao seu rigor improvisatorio e á súa radical contemporaneidade expresiva. Non hai acordos previos nin partituras. O poema e a súa música dilúense, fanse pó, para renacer na rescritura de voces e instrumentos. Unha aventura de liberdade e risco da que o espectador se sinte partícipe. SIN RED actuou en numerosos festivais do estado e estranxeiros: Francia, Reino Unido, Suiza, Austria, Alemaña, Rumanía ou Brasil, superando as setenta postas en escea. Ademais leva a cabo unha labor pedagóxica para artistas interesados na improvisación. Teñen gravado dous discos.

SIN RED baséase na escoita dos integrantes do grupo, a composición espontánea, que se enriquece en cada aparición pública nova. A compenetración dos seus membros permítelles practicar un repentismo que traspasa a actitude circense do “máis difícil todavía”: quere recollerse tanto nos matices particulares como na enerxía común para crear un espectáculo en combustión espontánea.

Os cinco anos de bagaxe da formación déronlle unha solidez inusitada dentro do panorama do novo ou arriscado. Os contextos da súa aparición son múltiples e moi variados: desde a formación de músicos, bailaríns, poetas e actores, na súa vertente máis pedagóxica, até a aventura inquietante nas súas propias accións.

O interese do proxecto SIN RED e o orixinal da súa proposta, levounos a percorrer varios continentes, ofrecendo máis de cincuenta concertos. En 2006 o Instituto Cervantes elixiunos como unha das propostas de maior interese, entre as actuais, do panorama musical e poético, polo que actuaron xa en máis de media ducia das súas sedes en Europa e América.

Sin Red, cuarteto dedicado á improvisación libre, xurdiu entre León e Madrid no ano 2001, como unha proposta inter-disciplinar na que dialogaban música, poesía e danza. Dous anos de traballo, visitando varios festivais en España, como Furta Cordel (Madrid) Periferias (Huesca), ImproGaudí (León, Astorga), ou en Europa, como Quotidienne et Sonore (Albi, Francia); fan cristalizar unha formación en cuarteto, agora sen bailaríns, pero coa inclusión da cantante Cova Villegas, coa que gravan o seu primeiro disco (León 2002).

No pequeno teatro de peto que é Sin Red caben todas as músicas, todos os modos do poema. A espontaneidade dos seus “actores”, o azar dun libreto escrito alí mesmo, ante os ollos do espectador, transpórtao á estrañeza de facerse co-responsable das súas sensacións. O achado, o emitido, o recibido, esa ida e volta crea unha renovada complicidade.

Teñen realizado ademais de numerosas actuacións en festivais españois, xiras polo Reino Unido, ofrecendo varios concertos en Londres e outras cidades de Inglaterra como Brighton, Southampton, Leeds, Lancaster, Oldham, Sheffield, Liverpool, Manchester e Hull. Visitaron diversas cidades de Alemania, Francia, Rumanía. Impartiron talleres e seminarios nas Universidades de Oviedo e León, na Escola Municipal de Música de León, na Casa Encendida de Madrid e no Encontro con España en Niteroi 2006 (Brasil), ademais de en numerosos centros de educación secundaria e escolas de música.

En 2010 elaboran o álbum Aguacero, que inclúe un CD e un DVD, mostra documental da traxectoria do grupo nos últimos anos, con entrevistas aos seus membros e concertos ofrecidos en toda Europa.

Os integrantes desta formación son: Chefa Alonso (saxo soprano, percusión miúda), Cova Villegas (voz), Víctor M. Díez (poesía, obxectos) e Ildefonso Rodríguez (saxos, clarinetes, flautas, xoguetes).

Advertisements

One thought on “SIN RED no Momo este venres 10 de agosto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s