Da casa

Martes 23 de outubro: Picaversos “da casa”. De confianza. Do cotiá. Do fogar. Confortábel? Do país. Borroso? De acó. Noso.

Fotografía de Olalla Lojo

Presentámosvos aos tres convidados desta sesión que será post-resaca-post-electoral…

Elías Knörr é o alter ego de Elías Portela (Cangas do Morrazo, 1981), tradutor e poeta en galego (“Imaxes na pel”, 2008, e “Cos peitos desenchufados”, 2010) e islandés. Con este pseudónimo medieval foi escollido coma un dos tres poetas máis representativos da lírica actual islandesa, na centésima edición da Poetry Review do Reino Unido, xunto co venerable Sjón e mais Kári Tulinius. En 2010 recibiu o premio Xohán de Cangas á Creación Literaria na súa vila natal. En 2011 o 2° premio do XII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores cun poemario fragmentario baseado en Lwyma, unha lingua artificial propia. “O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido” é o seu primeiro libro en islandés.

Iolanda Zúñiga (Vigo 1975). Mestra de Educación Musical. Forma parte do grupo Murmel-bruxas de música para nenos. Na actualidade traballa nun restaurante vexetariano de Vigo. Con anterioridade fíxoo como titiriteira, asistente nunha libraría e nunha tenda de discos. Como escritora publicou o libro de relatos “Vidas pos-it” (Xerais 2007, 2010), pezas concisas e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida, recibida de forma entusiasta pola crítica, e o poemario “Amor amén” (Xerais 2008), un monólogo en verso dunha muller enganchada a unha relación destrutiva. Coa súa primeira novela, “Periferia”, obtivo o premio Xerais de Novela 2010.

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é autora dos libros de poemas “O estadio do espello” (1998); “(nós, as inadaptadas)” (2002), “Non queres que o poema te coñeza (2004)”, “O barrio das chinesas” (2005); “Os Hemisferios” (2006); “Objetos perdidos / Obxectos perdidos” (antoloxía bilingüe galego-castelá, 2007); “Cuarto de outono” (2008) e “Non son de aquí” (2009), traducido ao inglés co título de “I am not from here” (2010). En colaboración co deseñador gráfico Xosé Carlos Hidalgo Lomba deu ao prelo os libros “Poemas históricos” (2011) e “O grupo” (2012). Traduciu ao galego a novela “Tres vidas” (2005) de Gertrude Stein e pezas do cancioneiro afroamericano en “Damas Negras” (2002). O disco “Lembrarás este cuarto?” (2011), en colaboración co guitarrista e compositor David Miranda, contén versións musicais dos seus poemas.

Veñan o martes 23 de outubro ás 21 h. ao Modus Vivendi e pasen, están na súa casa.

Advertisements

2 thoughts on “Da casa

  1. Pingback: Santiago: recital Picaversos, Da casa | ::Axenda cultural AELG::

  2. Pingback: Vídeo resumo da sesión “da casa” | picaversos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s