Picaversos Lunáticos

O último Picaversos do ano dedicámolo aos lunáticos, ás raras, aos trastornados. Á lúa. Poesía aluada que contará coa presenza de Mariña, Ana e Xesús este martes 11 de decembro como sempre no Modus Vivendi a partir das 21 h.

Mariña Pérez Rei

foto_perez_reiEscritora amesá afincada na cidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-portuguesa, actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Entre a súa obra publicada destaca a poesía e a novela curta. Tamén escribe en xornais e revistas con artigos de opinión, e colabora como letrista de grupos musicais. No ano 2005 acada o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo libro Fanerógama. No 2006 obtén o Premio Manuel  Lueiro Rei de novela por Canícula. No 2009 publica o libro de poesía en edición limitada e artesanal: Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante. Un ano despois publica o libro de poesía Paquidermo co que colabora na corrente filosófico-poética do sentimental-ISMO. Nese mesmo ano obtén o  premio  de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos coa narración Costa necrópole. Escenarios para deslembrar. No 2012 publica a novela Contrapicados.

Ana Gorría

anaMáster en Estudos Literarios pola Universidade Complutense de Madrid e licenciada en Filoloxía Hispánica pola UCM: Durante catro anos formouse como investigadora en artes escénicas no CSIC cunha bolsa do programa de formación de Profesorado Universitario. Como poeta, publicou os libros Clepsidra, Araña e os caderniños De lo real y su contrario e El presente desnudo, proxectos nos que a súa poesía dialoga con compositores como Juan Gómez Espinosa ou artistas plásticas como Pepa Cobo, Cristina Martos Vela ou Sonia Pulido. Realizou versións de poetas ingleses, como John Ash, e de poetas galegos como Chus Pato. Exerceu a crítica literaria no diario Público e publicou artigos en monográficos e revistas de especialidade como Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula, Nuevos Hispanismos, Afinidades ou Sesión no numerada, da que forma parte do consello editorial. O seu blog é www.camaradeniebla.blogspot.com.

Xesús Ron

ronActor e director de teatro, centro neurálxico do grupo Chévere, foi en tempos Comandante da Sala Nasa, unha factoría cultural – hoxe plataforma dixital Rede Nasa-  sen a que sería imposible entender o desenvolvemento das artes escénicas nas últimas décadas en Galicia. XRon é un verdadeiro activista, sempre conectando os nodos nerviosos do sistema cultural, sempre traballando dende a vangarda máis alternativa. Polas Ultranoites, pola linguaxe política e irreverente dos Chévere e polo apoio entusiasta á escena máis radical e poética, quixemos convidalo a pechar os derradeiros e máis lunáticos Picaversos do ano.

Advertisements

2 thoughts on “Picaversos Lunáticos

  1. Ola boas! Falei cos do Modus Vivendi e remitironme a esta paxina, queria preguntarlle o organizador dos eventos de poesia do modus vivendi si seria posible de ultima hora apuntar a alguén. Resulta que coñezo a unha rapaza rusa que estaria moi interesada, viaxou algo polo mundo e desenvolvese en diversos idiomas e agora estivo unha instancia en galicia e aprendendo o noso idioma decideuse a facer poesia en castelán. Comenteille o do picaversos para que o vise e fixolle moita ilusión e como o proximo dia 24 marcha para rusia definitivamente e preguntoume si seria posible participar para expoñer o que escribeu durante a sua instancia aqui. Se vos mola o tema xenial tiña que intentalo. Un saudo! 🙂

  2. Pingback: Santiago: recital Picaversos, Lunáticos | ::Axenda cultural AELG::

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s