Picaversos de Antroido

entroidoFoto de Pelare (thanks!)

En Picaversos celebramos o Antroido cunha sesión festiva de poesía e risas. E para tan especial acontecemento convidamos a Carlos Meixide, Marga Alborés e Xosé Expósito “Expo”.

CARLOS MEIXIDE é escritor, xornalista e humorista. Ten publicado as obras de narrativa A Miragaia, O home inédito e Primavera. Dirixiu xunto a Tomás Lijó a curtametraxe O meu nome, o meu mundo, que en 2001 participou no Festival de Cinema e Vídeo de New York; e foi director do programa da TVG Onda Curta.

Como humorista integra Os da Ría xunto a Tomás Lijó, e cos músicos Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi Fernández. Tamén xunto ao seu inseparable Lijó e o músico Suso Alonso convertíronse nos Irmáns Lumieira para levar por Galicia adiante o seu Fantabuloso Cine Ambulante.

MARGA ALBORÉS é mestra e actriz. Publicou Lóxica borrosa e é a creadora dun proxecto de inicación á lectoescritura en galego, Historia das letras, que, como experiencia pedagóxica innovadora, foi merecedor do 1º premio do 8º certame Educacompostela organizado por Nova Escola Galega e o Concello de Santiago.

XOSÉ EXPÓSITO, ‘Expo’, é un artista polifacético, biólogo, que actualmente exerce de xerente da nave de circo Circonove

Se vides este martes de antroidada, aconsellámosvos, suxerímosvos, encantaríanos, que acudísedes DISFRAZAD@S de forma máis ou menos poética, si? Nada máis, ata mañá ás 21 h. no Modus Vivendi!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s