Tres segredos

O próximo Picaversos está dedicado ao segredo na escrita, á escritura secreta, aos segredos que se din nun poema, aos que non se din, aos escritores e escritoras secretos, ocultos, agochados…

O noso Picaversos SECRETOS, este martes 30 de abril ás 21 h. no Modus Vivendi, contará con Luís Valle, Raquel Miragaia e Anxo Pastor.

Raquel Miragaia
Naceu en Tardade, unha pequena aldea da Terra Chá onde pasou a súa infancia e adolescencia, e que marcou a súa percepción do tempo e do mundo. Da aldea pequena trasladouse á aldea grande, Compostela, onde vive na actualidade. Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica. É profesora de lengua e literatura. Escribe case desde que ten consciencia. Publicou as obras Diário Comboio, Em trânsito e O décimo terceiro mês, que se pode ler na web d´O lapis do taberneiro.
raquel
Luís Valle Regueiro
Poeta e pintor, naceu en Lugo en 1977. É licenciado en Humanidades e investigador en cuestións de xénero, educación, xestión cultural, arte e patrimonio. Dirixiu as revistas Evohé e 65+. Tense revelado como pintor realizando varias exposicións individuais. Conta con obra pictórica en Portugal e Alemaña. Publicou as obras en castelán Zigurat, Teoría de la llama, Epitafio y corona para Manuel Quiroga, e en galego A caída (VII Premio de poesía Caixanova), Fedor (XXIII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón) e Caderno do mendigo.
luis
Anxo Pastor
Naceu en Vilardonas, Ribas do Sil (lugo 1959). Reside en Vilagarcía de Arousa, onde dirixe a galería de arte “Arcana” e compaxina a poesía, co debuxo e a ilustración. Coordinou e ilustrou a páxina de poesía “A rama no aire” (1998-2008) do suplemento do Faro de Vigo. Na actualidade coordina e ilustra a sección de poesía “La nube habitada” da revista dixital Fronterad. Publicou as obras Os poemas da Secta, O Cavalo Económico, Sombra Fértil e A rama no aire.
anxo
Advertisements

2 thoughts on “Tres segredos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s