Así foron @s INCORRUPTIBLES

Encantadas estamos co éxito da primeira sesión de PICAVERSOS. Olga, Lupe e Martiño agasalláronnos con propostas moi diferentes que o público escoitou atentamente, entregado e concentrado. Ata houbo quen se puxo nostálxic@ desas noites compostelás nas que os recitais poéticos invadían bares e  residencias estudiantís…

Aquí vos deixamos os nomes dos autores que picaron os nosos convidados INCORRUPTIBLES:

Olga Novo: Textos da súa autoría, Wislawa Szymborska, Uxío Novoneyra, Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer.

Lupe Gómez: Neira Vilas (Memorias dun neno labrego), Lois Pereiro, Antonio Gamoneda, Alejandra Pizarnik.

Martin Wu (acompañado de Le Roi): Traduciu e reinterpretou temas de Experience, Mc Carthy, Gill Scott-Heron, Fugazi. E tamén “Alba nuclear” (The Homens).

E aquí magnífica reportaxe que fixo Xia Arias para o Diario Cultural.

Agardámosvos o martes 18 con PICAVERSOS – FERID@S!

Folla volandeira

Aquí vos deixamos a primeira folla volandeira de PICAVERSOS coa nosa proposta de poemas INCORRUPTIBLES. Agardamos que vos gusten e que vos fagan ganas de vir esta noite á apertura do ciclo. Xa sabedes: Olga Novo, Lupe Gómez e Martin Wu, ás 21.00 h. no Modus Vivendi, farán a súa escolla INCORRUPTIBLE.

http://issuu.com/picaversos/docs/folla_volandeira_a

Incorruptible Carlos Oroza

 

 

 

 

 

 

 

 

Me he refugiado en este trozo oscuro y estoy inmerso en esta oscuridad
Y es más inmensa aún la noche inmensa y casi muerta la noche
[arrastro con su voz tremando.

Por eso cuando ibas por la carretera y te desviaste hacia el mar
Y me contaste que habías visto salir de debajo de las aguas brazos-
Brazos trepando-trepando hacia la arena
comprendí que eran seres. Miles de seres que el mar había rescatado.
Miles de años de seres de América escapada.

América estaba al lado del mar tratando de subir por una inmensa
[cuesta blanca arriba
De arena blanca hasta llegar al blanco fronterizo con la carretera.

Era toda américa crucificada a la orilla. -Toda América insalvada y fija-.
Brazos saliendo del mar crucificados-avanzando brazos pájaros sin cabeza.
Brazos vozes sumisas en la orilla

Y Poe estaba americando y Poe llevaba un bicho que había salido
[por su boca.
Y era Poe Poe Poe.
Poe haciendo ruidos con el agua.
Poe besando por el alma de la playa.

*de Carlos Oroza, Cabalum (Edicións do Castro, 1980)

Martes 4 de outubro: INCORRUPTIBLES

O martes 4 de outubro dará comezo PICAVERSOS. Os tres lectores convidados a abrir este ciclo de lecturas son Olga Novo, Martin Wu (The Homens) e Lupe Gómez.

Escollimos para esta primeira sesión o lema INCORRUPTIBLES. O dicionario di que incorruptible é algo que non se pode corromper, isto é, que non se bota a perder nin apodrece, e tamén que non pode ser subornado nin corrompido. Os convidados, que a nós nos gusta pensar, dalgún ou doutro xeito, incorruptibles (por iso os escollemos), agasallarannos con textos propios ou alleos que se acollan a esta definición.

E entre lectura e lectura, música e bo ambiente. Palabras vivas e calor de outono.