Próximas sesións

O martes 10 de abril dará comezo o último trimestre de Picaversos deste curso. Logo da Semana Santa pareceunos interesante comezar cunha sesión que versase sobre a adición, á que seguirá un Picaversos nocturno e unha jam session onde tod@s @s que queirades ler estades convidad@s a participar (poñeremos instruccións proximamente). O desasosego e a luz serán os temas últimos das lecturas picaversianas. O calendario queda así:

10/Abr. ADICTOS
24/Abr. NOCTURNOS
8/Mai. JAM SESSION
29/Mai. DESASOSEGO
12/Xuño LUMINOSOS
En vindeiros posts anunciaremos os nomes d@s convidad@s a estas sesións.

Novo trimestre

Mentres agardamos pola primeira sesión do ano, que será este martes 10 de xaneiro e baixo o lema “SOÑOS” nos traerá ao músico e poeta leonés Ildefonso Rodríguez acompañado do músico Bernardo Martínez e da cantante Cova Villegas, aquí vos deixamos as etiquetas baixo as cales se estrutura o noso calendario para este trimestre:

 

 

 

10/ xaneiro – SOÑOS

24 / xaneiro – LOUCURA

14 / febreiro – MÍTICOS

28 / febreiro – WISLAWA SZYMBORSKA

13 / marzo- VIAXES

27 / marzo- SALVAXES

Agardamos seguir contando co voso apoio e coa vosa presenza!