Inocentes, ummm!

Aforo case case completo e 3 “inocentes” deliciosos. A pasada sesión de Picaversos foi máxica, pensaredes que non somos obxectivas pero é que sempre saímos moi contentas do Modus… É así, polo de agora…

Os nosos convidados leron cousas ben diferentes, a inocencia quedou enleada no silabario de Dores, na “nada” confortable que hai antes e despois de sermos de Pepe Cáccamo, na carta ao bebé Rocamadour que interpretou Nuria.

Referenciamos as lecturas dos nosos convidados e as músicas picadas:

Dores Tembrás: La Regenta (Leopoldo Alas «Clarín»), Pensa Nao (Anxo Angueira), Muxicas no espello (Paco Martín), Páginas de la herida (John Berger), poemas de Alejandra Pizarnik e de Isaac Páez. Textos propios.

Pepe Cáccamo: Poemas de Xosé Carracedo Fraga, Baudelaire e Blanca Varela. Textos propios.

Nuria Sanz: Cap. 68, Carta de la Maga a Rocamadour de Rayuela (Julio Cortázar).

Músicas: Son los padres (Astrud), Bamboo (Antònia Font), Os amores antigos (do disco Xardín desordenado), Angelitos Negros (Antonio Machín), Kiss my name (Antony and the Johnsons).

Máis fotos (malas, pero é o que hai…) no noso facebook.

Folla volandeira INOCENTES

Fotografía de Olalla Lojo

Aquí vos deixamos a terceira folla volandeira de PICAVERSOS, a nosa escolla de poemas INOCENTES. Son estes, pero poderían ser outros… O blog está aberto á vosa participación e ás vosas suxestións.

Ata mañá, ás 21.00 h. no Modus, con Pepe Cáccamo, Dores Tembrás e Nuria Sanz. Vídevos, que vos ha prestar!

Inocentes

Este martes 1 de outubro non haberá PICAVERSOS por ser Día de Defuntos, festivo. Pero xa temos confirmado que os escritores Xosé María Álvarez Cáccamo e Dores Tembrás e a actriz Nuria Sanz virán o martes 8 ás 21.00 h. ao Modus Vivendi para compartir connosco unha noite INOCENTE.

Quédanos aínda unha gotiña de inocencia ou perdémola toda? Lembramos o momento en que deixamos de ser inocentes? Como éramos, onde habitabamos?

Pepe, Dores e Nuria contarannos a súa versión moi pronto.

E para ir facendo boca, aquí vos deixamos un maravilloso poema de Luisa Castro titulado “Inocencia” sacado do seu libro De mí haré una estatua ecuestre:

Se acabó la inocencia.
Era una bebida empalagosa y breve,
una comida exótica,
ahora ya lo sé.

La probé.

De esas cosas que se toman un día
y siempre las recuerdas,
de esa gente que te encuentras
y no vuelves a ver.

Nunca sabrás lo que pasaría
en el banco de la inocencia.
Con los pies colgando
allí sólo vive la gente que no recuerdas,
lo que nunca ha pasado.

Te sentaste un momento
a escuchar desde lejos la orquesta.
Era duro y solitario
el banco de la inocencia.
Demasiada prisa en volver
como para no olvidarte algo.

Ahora ya lo sabes,
la inocencia es esa gente
que se quedó tu chaqueta.