Mañá, JAM!

readMañá celebramos un Picaversos colectivo, unha sesión jam onde pode participar quen queira, con textos propios ou dos vosos autores favoritos. Chegade puntuais, a iso das 21 h. porque faremos unha lista da xente que vai ler para organizarnos. En función d@s que sexamos tamén distribuiremos o tempo.

Será lindo.

Aparecede!

Jam poética á vista!

poetsQuerid@s tod@s. Xa on the air a data da nosa JAM POÉTICA: o martes 16 de abril á hora e no sitio de sempre (21.00 h. Modus Vivendi). Podedes participar quen queirades cos textos que vos apeteza (propios ou doutros autores) e na lingua que máis vos reine. Sabemos que hai xente doutros países seguidora dos Picaversos, encantaríanos escoitalos na súa lingua natal.

Emprazámosvos logo a ir remoendo as vosas lecturas, e agardámosvos na jam!

Fotos da jam + poemas de Celia Parra, Laura Villar, Juan Bello e Jesús Castro

Noite de jam poética entre brumas: a humidade filtrábase por cada recunchiño e fixo que a sesión tomase un cariz atemporal, melancólico.

Obrigadas a Celia Parra, Laura Villar, Juan Bello e Jesús Castro, que leron os seus poemas tricolores, dos seus cadernos escritos a man, de libros propios (pois algún é xa poeta galardoados e publicados) e doutros autores tamén.

Foi tamén a nosa oportunidade (por fin!) para ler no Picaversos.

Aquí unha mostra do que alí se leu:

2 poemas de Celia Parra:

Son

o que me resoa

                  baixo a pel

latexo ad libitum.

Tantos anos de metrónomo

un dous                                    un dous

                  un

e único ritmo

penetrándome a tempo         maldigo

a porosidade a absorción

o único

                  e un

    da orquesta

                  un dous                 

somos solistas xunguidos pola mesma batuta

non ouses

arrincarte en contratempos.

Deshabítasme

nas horas brancas

e fico exposta ás correntes do inverno

ecoa o tempo un rouco gris.

Hei remodelar a casa

abrigar de contras todas as fiestras

que o vento

non me arrinque de min   

1 de Juan Bello

MI BOHEMIA, de Rimbaud [Remake]
 
me iba con los puños en mis bolsillos rotos
el teléfono móvil no dejaba de sonar
has de ser alguien respetable me insistieron
por eso me perfumo y voto cada cuatro años
 
conduce con cuidado no consumas drogas
no mires el reloj durante la primera cita
cede tu asiento a los ancianos en el autobús
siempre he oído consejos de boca de todos
 
pero ahora que la noche termina en un charco
ahora que el amanecer nos señala con el dedo
y no es más que toda esa piel de gallina
 
amontono mis pies a un lado de la carretera
bebo el agua amarilla de las últimas farolas
y procuro saber exactamente dónde estoy
 
                                                  eso es todo

FOTOS cortesía de Esther Taboada + Pedro Solla.