“Luminosos” o martes 5 de xuño

Estado

Este martes 5 de xuño (ATENCIÓN ao cambio de data!) despedimos por uns meses o Picaversos. O músico Fran Pérez NARF, a actriz Xiana López e a poeta Lorena Souto iluminarán o noso último Picaversos. Porque “Luminosos” é o lema escollido para esta sesión que pecha o noso ciclo de lecturas poéticas ata o inicio do novo curso, en outubro.

Como sempre @s nos@s convidado@s compartirán textos da súa autoría e dos seus escritores favoritos ás 21 h. no pub Modus Vivendi (praza de Feixoo) de Santiago.