Máis fotos do Picaversos Lunáticos

9 1 2 3 4 5 6 7 8

Advertisements

Tracklist e fotos dos Lunáticos

ron chus ana1 ana 2 branca oli publico publico 2 ron ron 2
Mariña Pérez Rei leu a Bukowski, León Felipe, Alejandra Pizarnik, Alfonsina Storni, Szymborska, Leopoldo Panero e un poema propio feito para a ocasión lunática.
Ana Gorría recitou un haiku de Sokam e poemas de Machado, Chus Pato, Branca Novoneyra, Joan de la Vega, Marcos Canteli, Olga Novo, Eva Chinchilla, Esther Ramón, Javier Vicent, Julia Piera. Tamén poemas propios.
Xesús Ron, acompañado dun pequeno encerado, fíxonos un resumo dos procedementos poéticos que hai anos lle interesaran de certa poesía experimental americana (Fibonacci, Silliman, Bob Perelman…). Tamén xogou cun titular de Praza Pública e cun poema de Lois Pereiro.

Picaversos Lunáticos

O último Picaversos do ano dedicámolo aos lunáticos, ás raras, aos trastornados. Á lúa. Poesía aluada que contará coa presenza de Mariña, Ana e Xesús este martes 11 de decembro como sempre no Modus Vivendi a partir das 21 h.

Mariña Pérez Rei

foto_perez_reiEscritora amesá afincada na cidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-portuguesa, actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Entre a súa obra publicada destaca a poesía e a novela curta. Tamén escribe en xornais e revistas con artigos de opinión, e colabora como letrista de grupos musicais. No ano 2005 acada o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo libro Fanerógama. No 2006 obtén o Premio Manuel  Lueiro Rei de novela por Canícula. No 2009 publica o libro de poesía en edición limitada e artesanal: Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante. Un ano despois publica o libro de poesía Paquidermo co que colabora na corrente filosófico-poética do sentimental-ISMO. Nese mesmo ano obtén o  premio  de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos coa narración Costa necrópole. Escenarios para deslembrar. No 2012 publica a novela Contrapicados.

Ana Gorría

anaMáster en Estudos Literarios pola Universidade Complutense de Madrid e licenciada en Filoloxía Hispánica pola UCM: Durante catro anos formouse como investigadora en artes escénicas no CSIC cunha bolsa do programa de formación de Profesorado Universitario. Como poeta, publicou os libros Clepsidra, Araña e os caderniños De lo real y su contrario e El presente desnudo, proxectos nos que a súa poesía dialoga con compositores como Juan Gómez Espinosa ou artistas plásticas como Pepa Cobo, Cristina Martos Vela ou Sonia Pulido. Realizou versións de poetas ingleses, como John Ash, e de poetas galegos como Chus Pato. Exerceu a crítica literaria no diario Público e publicou artigos en monográficos e revistas de especialidade como Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula, Nuevos Hispanismos, Afinidades ou Sesión no numerada, da que forma parte do consello editorial. O seu blog é www.camaradeniebla.blogspot.com.

Xesús Ron

ronActor e director de teatro, centro neurálxico do grupo Chévere, foi en tempos Comandante da Sala Nasa, unha factoría cultural – hoxe plataforma dixital Rede Nasa-  sen a que sería imposible entender o desenvolvemento das artes escénicas nas últimas décadas en Galicia. XRon é un verdadeiro activista, sempre conectando os nodos nerviosos do sistema cultural, sempre traballando dende a vangarda máis alternativa. Polas Ultranoites, pola linguaxe política e irreverente dos Chévere e polo apoio entusiasta á escena máis radical e poética, quixemos convidalo a pechar os derradeiros e máis lunáticos Picaversos do ano.