Fotos do Picaversos PUNK e algo sobre o feminismo e o punk…

Velaquí as fotos (grazas, Óscar Antón!) da sesión PUNK, onde contamos coa presenza e as lecturas de Alexandra Lores, Samuel L. París e Camilo Franco.

E se non puidestes vir, aquí podedes ler o texto que compartiu con nós Alexandra Lores “Feminismo e Punk ou por que as Spice Girls son una banda a reivindicar” (grazas, Ale!).

Advertisements

Samuel L. Paris, Alexandra Lores e Camilo Franco na sesión PUNK

samuelSamuel L. Paris nace en 1984 en Muros. En 2008 publica Manual da destrución n’A Regueifa Plataforma. En 2012 publica Inflamable en Edicións Positivas, libro do que ofrecerá unha versión musicada. Na actualidade toca o baixo na Terbutalina e come ovos con tomate, salchichas e arroz. Para máis información, pódese visitar e consultar o seu blogue, no que, por certo, este ano está a publicar un poemario de balde cada semana.

aleAlexandra Rodríguez Lores (Ogrobe 1987). Formou parte das bandas punk Creativos Cero e Shit Pony. Licenciada en Filoloxía Inglesa e cun Máster en Estudos Literarios. Apaixoada pola música e a literatura a partes iguais, gosta da literatura Norteamericana (Jeffrey Egenides, Jonathan Franzen…). Adora os comics. O seu Traballo de Fin de Máster trata sobre Wonder Woman.

camiloCamilo Franco (Ourense, 1963) é escritor, crítico teatral e xornalista. Ten publicado, entre outros, os libros A lúa no cénit e outros textos (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos, Chuvia tralos cristais, Por conto alleo (2003), Palabras contadas e o ensaio Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño. No espazo electrónico Vieiros publicou as series de narracións: Por conto alleo (1999) e Necesariamente X. A razón máis quente (2001). Gosta dos experimentos literarios. Un dos últimos é o que levou a cabo no FIOT 2012 “Queres ser, ou non, un personaxe teatral?”.