E foron Salvaxes

A cova poética da que vimos gozando estes meses no Modus Vivendi volveu a quecer coa palabra e o xesto. A atención coa que o noso público, do que estamos orgullosas, escoita propicia encontros intensos, e os lemas que propoñemos lecturas de maior ou menor calado e emoción (para gustos).

Sesión Salvaxes. Tres convidados, tres, cada un cunha pequena alma salvaxe, o tigre cachorro ou o tigre ferido que corre pola selva. E así, escolleron. A actriz Marta Pazos deunos nos fuciños co “Agamenón” de Rodrigo García, un texto ben difícil de defender, que dá risa e revolve a un tempo…

“Y me olvidé de comprar lo que realmente necesitábamos, joder

Me olvidé de comprar las cuatro chorradas que necesitábamos,

joder

Y me pillé un rebote de la leche

Y le dije a la cajera: toma gilipollas de mierda,

coge la Visa y métetela por el culo

Y la cajera me responde:

Si me das el número secreto, hasta te la chupo

Qué sentido del humor tan elemental, le digo

Y firmo

Y lleno el coche

Y llego a casa

Abro la puerta y le suelto a mi mujer:

Cariño: creo que esta tarde va a haber hostias para todo el mundo;

creo que hoy se rifan hostias

y tú y tu hijo tenéis todos los boletos

Y mi mujer me mira y se ríe porque piensa que estoy de coña”.

Despois Felipe Zapico, coa súa camiseta de neorrabioso (liberqué fraterniquién igualicuándo), leu, como el mesmo di “cosas propias y sobre todo impropias”, textos seus e de Jesús Lizano, Jesús Ge, Ana Pérez Cañamares, Eladio Orta, Eloísa Otero e Corcobado (con estrofa cantada incluída, ese sacaúntos terrorífico…). Canda a el recitamos o estribillo de Damasco lejana y sola, coma se dun mantra se tratara…E lembrounos que o amor é salvaxe.

E pechou Víctor M. Díez: pechou a sesión, abriu as nosas bocas. Algo pasa cando Víctor recita, o tempo para porque é quen de acender interruptores invisíbeis ao noso redor, meternos por unha orella o tubo de plástico por onde fai escoar a súa voz, prestarnos o timbre de bicicleta separador de poemas ou o nariz de pallaso que nos lembra o que tamén somos. Abducidos asistimos ao tacto do antifaz escuro para o poeta salvaxe, sempre, quiromántico murmurador. Leu textos da súa antoloxía “Todo espera un fuego” e meteunos en calafrío coa proposta que se interna no corpo e no cerebro da xornalista alemana Ulrike Meinhof.

A práctica do salvaxe

 

 

 

 

 

 

 

Mando Aéreo Estratégico

El silbido y los destellos de un reactor

pasan cerca de Júpiter, en Virgo.

Él pregunta: ¿cuántos satélites  hay en el cielo?

¿Sabe alguien dónde están?

¿Qué están haciendo? ¿Quién los vigila?

La escarcha se posa en los sacos de dormir,

las últimas brasas del fuego,

una taza más de té

al borde de un lago de montaña  rodeado de nieve.

Estos riscos y las estrellas

pertenecen al mismo universo;

este poco de aire entremedias

al siglo veinte y sus guerras.

VIII, 82, Pico Koip, Sierra Nevada 

Un poema da mente salvaxe de Gary Snyder (versión, Nacho Fernández) e un debuxo de Milton Glaser.

E chega a sesión Salvaxes

Como anunciamos no último Picaversos, a sesión dos SALVAXES contará coa presenza de Marta Pazos, Víctor Díez e Felipe Zapico. Deixámosvos aquí unha pequena biografía de cada un deles para que vos fagades idea do perfil multifácetico dos nosos convidados…

Estamos encantadas de poder contar con eles. Amig@s: é para non perder.

MARTA PAZOS (Pontevedra, 1976). Directora, actriz e escenógrafa. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Fórmase en comedia e teatro danza. Desde 2000 dirixe espectáculos en España e Portugal. Como actriz traballa no Teatro Nacional São João de Oporto, o Centro Dramático Galego, o Centro Dramático de Aragón e nas compañías Matarile, Chévere, Trigo Limpo, PistaCatro, la Fura dels Baus e Belmondo, entre outras. Roda numerosas longametraxes, documentais, curtametraxes e series de televisión. En 2007 funda a compañía Voadora. En 2011 recibe o Premio de Teatro María Casares XV á Mellor Dirección polo espectáculo Super8.

VÍCTOR M. DÍEZ naceu en León en 1968. É autor dos poemarios Evaporado va; Cordura Abajo; Circo Varado (Nómadas, Oviedo. 1999); Oído en Tierra (De la luna libros, Mérida. 2000) VI Premio «Ciudad de Mérida» de Poesía;  Voz fuera de campo (Icaria, Barcelona. 2004); Ser no representable (De la luna libros, Mérida. 2004); Todo espera un fuego (Antología 1989-2008) (Ed. Provincia, León. 2010) e Funeral Celeste (Ed. Eolas, León. 2011)

Asinou guías de viaxes, catálogos de pintura e libros de encarga como XXV años de Teatro Corsario (Junta de Castilla y León, Valladolid. 2007) e Decir casa -antología poética sobre el hecho de habitar-  (Trenzametal Edita, Zamora. 2008). Foi responsable de ciclos poéticos como Alzado de la ruina (Salamanca, 1996), Pequeñas cosas para el agua (León, 2001), Cuatro Cuartetos (León 2007-2009) e Un golpe de dados (León, 2010).
Colaborador habitual de revistas literarias e prensa diaria, traballou para a Semana Internacional de Cinema de Valladolid, como redactor da súa revista oficial SEMINCI, durante oito edicións. Coordinou varios Talleres de Escritura Creativa para a Universidade e o Concello de León.

Como poeta de acción colaborou na última década con músicos improvisadores en diferentes proxectos. Actualmente percorre escenarios nacionais e internacionais coa agrupación Sin Red. Pertence ao colectivo Musicalibre.

FELIPE ZAPICO ALONSO, Zapi, naceu en León, en 1960, e desde fai algnos anos vive en Badajoz. Entre as súas moitas facetas destacamos as de actor, fotógrafo viaxeiro, voz cantante do mítico grupo leonés Deicidas e escritor de poemas e letras de cancións. É doutor en Documentación pola Universidade de Salamanca e exerce como profesor na Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Estremadura. Publicou dous libros de poemas en papel, Litros e Balances parciales,  dentro da Colección Ería. Ten colgada na actualidade unha exposición de fotografías titulada Retratos de Traviesas no bar St Martin de León.

Incansable activista na rede, mantén as webs narcisoelvalvulista.blogspot.com http://zapico.aminus3.com e http://carretes.aminus3.com. Vén de empezar o proxecto: http://ebookprofeno.blogspot.com.es.