Resumos en vídeo de sesións pasadas

Aquí vos deixamos os resumos en vídeo das sesións de Lois Pereiro (con Marta Pedrosa, Mario Regueira, Paco Macías e Iago Martinez), Soños (con Ildefonso Rodríguez e Cova Villegas) e Músicos (con Carlos Santiago).

Grazas á colaboración da xente de Aupa polas gravacións e a montaxe!

Advertisements

Ven, vamos ao cine das sabas brancas

Logo deste marabilloso resumo da última sesión de Picaversos, só nos resta referenciar os autores escollidos por Ildefonso Rodríguez e deixarvos un lene soprido do que el compartiu con nós esa noite (á espera do vídeo e de fotos mellores…).

O soño empeza co son dos cencerros que levan ao pescozo as ovellas baixando en rabaño do monte. Infancia.

O medo no soño pode ser alegre, ese arrepío que buscan os que gostan das pelis de serie B, o medo pracenteiro do amor.

Hai que saber distinguir un soño verdadeiro dun falso, ese dos escritores: “soñou que…”.

Soñar é un xeito de estar na respiración do posible.

Os teoremas do soñador son os límites dos soños.

Os instrumentos musicais deformes, intocables, dos pesadelos.

Bigote e beizos pintados.

O soño inxectado á voz acuática de Cova Villegas, voz que é voces chegadas doutro mundo.

Ven, vamos ao cine das sabas brancas, dicían as nais cando había que ir para a cama e non queríamos.

Track list: Heráclito, Walter Benjamin, Juan Eduardo Cirlot (88 sueños), Gustavo Martín Garzo (conferencia en contra do soño), soño de Remedios Varo, Truffaut (O cine segundo Hitchcock), Lezama Lima, Orson Wells (Citizen Kane), Robert Desnos (A la misteriosa. Las tinieblas). Dous soños anónimos. Textos do seu cuaderno de soños e dos seus libros Son del sueño e Escondido y visible.

Dous textos de Ildefonso Rodríguez

Alegre y confuso

Paseas poco antes del amanecer, vas vestido de calle, con la sábana blanca por los hombros, como la toga del bromista. Mojado y alegre, te paras ante la verja de la casa donde están los que no hablan, y te echas a reír, ligero tras la noche agotadora que se te está yendo de las manos. Luego, hacia la ribera (los chopos están fríos y apuntalan el monte), a encontrarte con el otro, que siguió idéntico camino que tú y va vestido como un fakir. Cuando le veas llegar a lo lejos, te detendrás, envolviéndote más en la sábana, hecho un bulto. El otro duda, se acerca, palpa lo duro, el hueso, no reconoce la forma de tu cráneo. Sale del soto chorreando orines, estremecido por tus carcajadas. Pero el soto estaba plantado en medio de los anchos bulevares que adornan la capital de la nación. Por ahí sigues tu paseo, hasta encontrar una cabaña tan mugrienta que sólo el Gran Pordiosero puede habitarla; no serás tan confiado como para asomarte dentro, hay muchos pellejos resecos de alimañas, él es un cazador. Las claras del día ya se desbordan por las fuentes de la capital y ya ves pasar por las calles algunos encapuchados madrugadores. Es tu hora de volver a casa.

(De Son del Sueño, 1998).

IMPROVISANDO

Hay una partitura invisible, y una escucha automática y una acción musical irreprimible.

Es un fragmento de la memoria común, el que duerme lo dice, el que habla por hablar: mezcla los ruidos del exterior y la naturaleza interna.

Hay una canción ocultada, un mantra personal, libre y riguroso, un gregoriano de la imaginación.

Abrir la ventana para ver el collage de los mundos.

Timbres individuales, frases flexibles, una energía expresiva (también comunicativa). Y el sentido formal abierto a la analogía y la metamorfosis. Fluye la fuerza del colectivo.

Al fondo: la pradera del baile, el son del sueño.
(De El jazz en la boca)

Sesión especial de SOÑOS

Como xa anunciamos, este martes 10 de xaneiro ás 21.00 h. no Modus Vivendi, teremos no Picaversos un trío de luxo: Ildefonso Rodríguez, Bernardo Martínez e Cova Villegas. Eles protagonizarán a sesión de SOÑOS, cun espectáculo poético-musical preparado e á vez improvisado especialmente para a ocasión.

Vai ser delicioso, iso é seguro.

Deixámosvos aquí as súas biografías por se queredes saber máis cousas deles:

Ildefonso Rodríguez (Poesía)

(León, 1952) foi membro fundador das revistas Cuadernos leoneses de poesía e El signo del gorrión. Publicou os libros de poesía: Mantras de Lisboa (Ediciones Portuguesas, Valladolid, 1986), Libre volador (Libros de la peonza, Arenas de San Pedro, 1988), La triste estación de las vendimias (Provincia, León,  1988. Premio Fray Bernardino de Sahagún), Mis animales obligatorios (Renacimiento, Sevilla, 1995. Premio Rafael Alberti; Mes animaux obligatoires, Antoine Soriano, Éditeur, París, 2000), Coplas del amo (Icaria, Barcelona, 1997), Escondido y visible, en colaboración co pintor Esteban Tranche (León, 2000) e Política de los encuentros (Icaria, Barcelona, 2003). En 1998 apareceu o seu primeiro libro de narrativa, Son del sueño (Madrid, Ave del Paraíso). Tamén publicou un libro sobre poesía e música,  El jazz en la boca (Dossoles, Burgos, 2007), a plaquette Naturalezas, co pintor Francisco Suárez (Escuela de Arte de Mérida, 2007), e o libro Automáticos, co poeta Miguel Suárez e a pintora María Murciego (Ediciones Leteo, León, 2009).

Colaborou con pintores e artistas plásticos (Andrés Edo, Javier Fernández de Molina, Miguel Bermejo).

Traduciu a poetas franceses (Luc Dietrich, Joyce Mansour, Louis-François Delisse, Jean-Yves Bériou), ingleses e norteamericanos (Sidney Keyes, C. K. Williams).

Publicou lecturas críticas sobre poetas españois contemporáneos, en especial sobre Antonio Gamoneda.

Partícipe do libro colectivo Escrituras materiales (Oviedo, 1972), está incluído, entre outras, nas antoloxías Esto era y no era (Miguel Casado, Ámbito, Valladolid, 1985), La prueba del nueve (Antonio Ortega, Cátedra, Madrid, 1994), Campo abierto (Marta Agudo y Carlos Jiménez Arribas, DVD, Barcelona,  2005), e decir casa (Víctor M. Díez, TTT, Zamora, 2007).

Toda a súa obra poética foi reunida no volume titulado Escondido y visible (Editorial Dilema, Madrid, 2008)

É saxofonista, dedicado ao jazz e á improvisación libre (Sin Red, Quinteto Cova Villegas, Dadajazz) e dirixe un aula-taller da mesma materia na Escola Municipal de Música de León.

Cova Villegas (Voz)

Cantante asturiana afincada en León, formou parte, entre 1982 e 1986 do septeto de jazz “El Combo de Sara”, actuando en distintos lugares de España dentro do Estival 1984-1985, patrocinado pola Junta de Castilla y León. A partir de 1986 codirixe, xunto co guitarrista norteamericano Cy Williams, o grupo “En Trío”, actuando en toda España, Portugal e Francia. En 1986, o grupo é seleccionado para tocar no Festival Internacional de Jazz de Getxo.

En 1993 participa como cantante e recitadora no espectáculo de poesía, vídeo e música en directo, “Costra y Lámpara”. Xunto a poetas como Olvido García Valdés e Miguel casado.

En 1998 forma o grupo “Quinteto Cova Villegas” e en 1999 graba o seu primeiro disco “Canción de las Orillas”. O Quinteto é convidado, entre outros, o Festival Oviedo Es Música, o Festival Internacional de Guitarra de Ponferrada, ou o Festival Internacional de Jazz de Valladolid, onde comparte escenario co gran pianista Mc Coy Tyner. Durante 2006 participa en distintos Festivales de Jazz, organizados pola Red de Teatros de Castilla y León, en Valladolid, Ávila, Palencia, Burgos, Soria, Ponferrada, Benavente, Toro e Ciudad Rodrigo.

En 1998 forma parte da orquestra de improvisadores dirixida por Butch Morris, en Barcelona, e participa como cantante dentro do octeto “En Crudo”, no III Festival Internacional de Música Improvisada Hurta Cordel, en Madrid.

Máis tarde entra a formar parte da Orquesta FOCO traballando con directores como Peter Kowald, Dave Tucker, Steve Beresford, William Parker e outros moitos.

En 2002 entra a formar parte do Cuarteto Sin Red, dedicado á improvisación libre e co que deu concertos en festivais internacionais en Europa (Inglaterra, Alemania, Austria, Rumania, Francia, Suiza) e América (Sao Paulo, Niteroi).

Tivo a oportunidade de compartir escenario con improvisadores do panorama europeo como Peter Kowald, Evan Parker, Lol Coxhill, Christoph Irmer, Mick Beck, Vanessa Mackness o Barbara Meyer.

En 2001 grava a música para a obra de teatro Alta Comedia, estrenada en Ferrol pola compañía Teatro do Noroeste.

En 2008, xunto co músico Javier Iriso e o poeta Víctor M. Díez, crea o espectáculo poético-musical Paisaje Rimbaud, presentado no Festival Internacional de Improvisación Hurta Cordel 2009.

Bernardo Martínez (Música)

Multiinstrumentista (saxo, clarinete, percusións, guitarra, baixo…) e compositor, ten formado parte de distintas formacións, tanto no eido do folk (DOA), como do jazz (Cuarteto Filloa, Jazzanga…) e do swing (Aló Djangó). Desde o ano 2000 forma parte do grupo poético musical OURIOL, xunto a Fito Ares e a Eva Veiga.

Ten unha ampla traxectoria como compositor e músico en espectáculos teatrais, traballando para compañías como

Moucho Clerck, Ollomol, Teatro do Aquí ou o CDG. É autor da música de espectáculos como Saxo Tenor, Doentes, A voda dos Moinantes, Como en Irlanda, Si o vello Simbad…, O ano do cometa, Imperial Café Cantante, ou Noite de Reis, entre moitos outros.