“I would prefer not to”

Volvemos!

O martes 29 de outubro regresamos á hora de sempre no sitio de sempre: ás 21 h. no pub Modus Vivendi. Comezamos cunha sesión moi especial: os Picaversos BARTLEBY, que queren homenaxear o célebre relato de Herman Melville e sobre todo @s escribintes, @s “bartlebys” que, sen explicación, un día renunciaron a seguir escribindo (tamén chamado síndrome de Rimbaud).

E estas serán as convidadas da noite:

Luci Romero (Cabra, Córdoba, 1980). É licenciada en Historia da arte, con especialización en Conservación do patrimonio, aínda que actualmente, e desatendendo o clamor popular, montou unha libraría xunto a un amigo en Valencia, cidade onde reside: Librería Bartleby.

En poesía conta coa publicación de dous libros: Autovía del Este e El diluvio (Ediciones Amargord). Incluída nalgunhas antoloxías como Sais. Diecinueve poetas desde La Bella Varsovia (La Bella Varsovia, 2010). Ademais, en 2010 foi unha das gañadoras do Premio A Voz + Nova de Caixa Madrid. E desde hai varios anos, co-edita a plaquette de poesía ilustrada Flechas de Atalanta, onde se recolle unha mostra de poesía nova xunto a ilustradores contemporáneos. Participa nun programa de radio onde se encarga da sección de literatura, “Café con vistas”, en radio Klara. E súa é a autoría do blog circuloconcentrico.blogspot.com.

luciRocío González Lorenzo é actriz. Naceu no ano 1978. Formouse na escola Espazo Aberto durante os anos 1998 ao 2002 no curso regular e onde asistiu tamén a cursos especializados. Comezou a súa carreira profesional no ano 2002 da man de A Factoría Teatro chegando a traballar con eles en oito montaxes, seis como actriz e dúas como axudante de dirección (“Tio Vania” de Chéjov, “Coitelos nas galiñas” de D. Harrower, “O canto do Dime-Dime” de Daniel Danis, “Iesi cebola contra a doutora Rabia Rabiña” de X. Picallo, “Castronós, o baile”, etc). Tamén traballou en tres montaxes do Centro Dramático Galego como actriz (“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de C.Casares, “O regreso ao deserto” de B.M Koltés e “A boa persoa de Sezuán” de B.Brecht) e con outras compañías galegas como A Contrabutaca (“Robin Hood”), Lagarta Lagarta (“Casting”), Nut (“Tuanis”), Teatro de Ningures (“0,7% Molotov “) e Eme2 (“Kafka e a boneca viaxeira”).

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Alfonso Pexegueiro (1948, Angoares- Pontevedra). Creador en 1975 do Grupo de Comunicación Poética “Rompente”. Fundador en 1980 xunto con outros escritores da Asociación de Escritores en Língua Galega, foi o seu secretario ata xuño de 1985.  Deu numerosos recitais de poesía. Desde 1985 ata 2000 viviu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia.

En 1997 participa no Festival Internacional de Teatro Grec de Barcelona, con Blasfemias de silencio: unha antoloxía de poemas levados á escena e recitados pola actriz Lina Lambert máis polo autor, acompañados pola arpista da  Orquesta Sinfónica de Barcelona Magdalena Barrera. En 2007 participa nas xornadas literarias: Literatura con Ñ. Paisajes literarios del siglo XXI en España, celebradas en Pekín, e organizadas polo Instituto Cervantes. En 2009, dentro das Xornadas Poéticas de Resistencia organizadas  pola USC, poemas de A illa das mulleres loucas foron levados á escena . En 2011 volveu levar á escena esta obra.

Entre as súas publicacións: Seraogna,  1976. Mar e naufraxio, 1978. Premio da Crítica Galicia 1978. Círculos de auga, 1979. Relatos pra salferir, 1981. O pabellón das hortensias azuis, 1983. A illa das mulleres loucas. Barcelona: Llibres del Mall,edición bilíngüe catalán-galego, 1984, e castelán-galego, 1986 (Beca do Ministerio de Cultura, 1981). Galaxia, 2004; esta edición leva un CD: música de Anxo Pintos (Zanfona) e Quico Comesaña (arpa).  Desatinos dun maldito, 1991. El lago de las garzas azules. Lumen, 1994. O lago das garzas azuis. Xerais, 2005 (Edición ilustrada polo pintor Xosé Freixanes) Hipatia. Xerais, 1998. Blasfemias de silencio. Xerais, 2000. Dados blancos. Caballo de Troya. Mondadori. Madrid, 2004.

pexe

Advertisements