Sesión aberta, jam das tres cores

Como anunciamos onte no Picaversos Nocturnos, a vindeira sesión será unha JAM á que tod@s estades convidad@s a participar. Apuntade: o martes 8 de maio, ás 21.00 h. no Modus Vivendi.

Para organizar un pouco a cousa buscamos un eixo temático: a triloxía das tres cores de Krzysztof Kieślowski e puxemos unha extensión máxima de versos. Cada quen pode interpretar este eixo como queira. Liberdade tricolor.

Condicións a ter en conta para participar:

-Lema da jam: Tres Cores: Azul. Branco. Vermello. Non fai falta ter visto a triloxía (aínda que vola recomendamos vivamente!).

-Extensión máxima de versos por participante: 75.

-Os textos poden ser propios ou alleos.

-É preciso apuntarse no correo ococina@yahoo.com

Animádevos a vir a compartir lecturas!

Advertisements