Resumos en vídeo de sesións pasadas

Aquí vos deixamos os resumos en vídeo das sesións de Lois Pereiro (con Marta Pedrosa, Mario Regueira, Paco Macías e Iago Martinez), Soños (con Ildefonso Rodríguez e Cova Villegas) e Músicos (con Carlos Santiago).

Grazas á colaboración da xente de Aupa polas gravacións e a montaxe!

Advertisements

E foron Salvaxes

A cova poética da que vimos gozando estes meses no Modus Vivendi volveu a quecer coa palabra e o xesto. A atención coa que o noso público, do que estamos orgullosas, escoita propicia encontros intensos, e os lemas que propoñemos lecturas de maior ou menor calado e emoción (para gustos).

Sesión Salvaxes. Tres convidados, tres, cada un cunha pequena alma salvaxe, o tigre cachorro ou o tigre ferido que corre pola selva. E así, escolleron. A actriz Marta Pazos deunos nos fuciños co “Agamenón” de Rodrigo García, un texto ben difícil de defender, que dá risa e revolve a un tempo…

“Y me olvidé de comprar lo que realmente necesitábamos, joder

Me olvidé de comprar las cuatro chorradas que necesitábamos,

joder

Y me pillé un rebote de la leche

Y le dije a la cajera: toma gilipollas de mierda,

coge la Visa y métetela por el culo

Y la cajera me responde:

Si me das el número secreto, hasta te la chupo

Qué sentido del humor tan elemental, le digo

Y firmo

Y lleno el coche

Y llego a casa

Abro la puerta y le suelto a mi mujer:

Cariño: creo que esta tarde va a haber hostias para todo el mundo;

creo que hoy se rifan hostias

y tú y tu hijo tenéis todos los boletos

Y mi mujer me mira y se ríe porque piensa que estoy de coña”.

Despois Felipe Zapico, coa súa camiseta de neorrabioso (liberqué fraterniquién igualicuándo), leu, como el mesmo di “cosas propias y sobre todo impropias”, textos seus e de Jesús Lizano, Jesús Ge, Ana Pérez Cañamares, Eladio Orta, Eloísa Otero e Corcobado (con estrofa cantada incluída, ese sacaúntos terrorífico…). Canda a el recitamos o estribillo de Damasco lejana y sola, coma se dun mantra se tratara…E lembrounos que o amor é salvaxe.

E pechou Víctor M. Díez: pechou a sesión, abriu as nosas bocas. Algo pasa cando Víctor recita, o tempo para porque é quen de acender interruptores invisíbeis ao noso redor, meternos por unha orella o tubo de plástico por onde fai escoar a súa voz, prestarnos o timbre de bicicleta separador de poemas ou o nariz de pallaso que nos lembra o que tamén somos. Abducidos asistimos ao tacto do antifaz escuro para o poeta salvaxe, sempre, quiromántico murmurador. Leu textos da súa antoloxía “Todo espera un fuego” e meteunos en calafrío coa proposta que se interna no corpo e no cerebro da xornalista alemana Ulrike Meinhof.

A práctica do salvaxe

 

 

 

 

 

 

 

Mando Aéreo Estratégico

El silbido y los destellos de un reactor

pasan cerca de Júpiter, en Virgo.

Él pregunta: ¿cuántos satélites  hay en el cielo?

¿Sabe alguien dónde están?

¿Qué están haciendo? ¿Quién los vigila?

La escarcha se posa en los sacos de dormir,

las últimas brasas del fuego,

una taza más de té

al borde de un lago de montaña  rodeado de nieve.

Estos riscos y las estrellas

pertenecen al mismo universo;

este poco de aire entremedias

al siglo veinte y sus guerras.

VIII, 82, Pico Koip, Sierra Nevada 

Un poema da mente salvaxe de Gary Snyder (versión, Nacho Fernández) e un debuxo de Milton Glaser.

E chega a sesión Salvaxes

Como anunciamos no último Picaversos, a sesión dos SALVAXES contará coa presenza de Marta Pazos, Víctor Díez e Felipe Zapico. Deixámosvos aquí unha pequena biografía de cada un deles para que vos fagades idea do perfil multifácetico dos nosos convidados…

Estamos encantadas de poder contar con eles. Amig@s: é para non perder.

MARTA PAZOS (Pontevedra, 1976). Directora, actriz e escenógrafa. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Fórmase en comedia e teatro danza. Desde 2000 dirixe espectáculos en España e Portugal. Como actriz traballa no Teatro Nacional São João de Oporto, o Centro Dramático Galego, o Centro Dramático de Aragón e nas compañías Matarile, Chévere, Trigo Limpo, PistaCatro, la Fura dels Baus e Belmondo, entre outras. Roda numerosas longametraxes, documentais, curtametraxes e series de televisión. En 2007 funda a compañía Voadora. En 2011 recibe o Premio de Teatro María Casares XV á Mellor Dirección polo espectáculo Super8.

VÍCTOR M. DÍEZ naceu en León en 1968. É autor dos poemarios Evaporado va; Cordura Abajo; Circo Varado (Nómadas, Oviedo. 1999); Oído en Tierra (De la luna libros, Mérida. 2000) VI Premio «Ciudad de Mérida» de Poesía;  Voz fuera de campo (Icaria, Barcelona. 2004); Ser no representable (De la luna libros, Mérida. 2004); Todo espera un fuego (Antología 1989-2008) (Ed. Provincia, León. 2010) e Funeral Celeste (Ed. Eolas, León. 2011)

Asinou guías de viaxes, catálogos de pintura e libros de encarga como XXV años de Teatro Corsario (Junta de Castilla y León, Valladolid. 2007) e Decir casa -antología poética sobre el hecho de habitar-  (Trenzametal Edita, Zamora. 2008). Foi responsable de ciclos poéticos como Alzado de la ruina (Salamanca, 1996), Pequeñas cosas para el agua (León, 2001), Cuatro Cuartetos (León 2007-2009) e Un golpe de dados (León, 2010).
Colaborador habitual de revistas literarias e prensa diaria, traballou para a Semana Internacional de Cinema de Valladolid, como redactor da súa revista oficial SEMINCI, durante oito edicións. Coordinou varios Talleres de Escritura Creativa para a Universidade e o Concello de León.

Como poeta de acción colaborou na última década con músicos improvisadores en diferentes proxectos. Actualmente percorre escenarios nacionais e internacionais coa agrupación Sin Red. Pertence ao colectivo Musicalibre.

FELIPE ZAPICO ALONSO, Zapi, naceu en León, en 1960, e desde fai algnos anos vive en Badajoz. Entre as súas moitas facetas destacamos as de actor, fotógrafo viaxeiro, voz cantante do mítico grupo leonés Deicidas e escritor de poemas e letras de cancións. É doutor en Documentación pola Universidade de Salamanca e exerce como profesor na Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Estremadura. Publicou dous libros de poemas en papel, Litros e Balances parciales,  dentro da Colección Ería. Ten colgada na actualidade unha exposición de fotografías titulada Retratos de Traviesas no bar St Martin de León.

Incansable activista na rede, mantén as webs narcisoelvalvulista.blogspot.com http://zapico.aminus3.com e http://carretes.aminus3.com. Vén de empezar o proxecto: http://ebookprofeno.blogspot.com.es.

Así foi o Picaversos da Viaxe

No Dioivo a xornalista Montse Dopico publica unha fantástica crónica da noite viaxeira que aquí reproducimos:

Se queres visitar un país, non podes ir só cinco días. Busca unha escusa: que vas visitar un amigo ou que es traficante. Pero queda o tempo suficiente para aprender, falar, amar. E, nunca, nunca, aceptes un “paquete” dunha axencia. É o consello que onte nos deu no Picaversos o poeta ‘Karlotti’, nunha noite dedicada á viaxe. E viaxar, viaxamos. Primeiro con el, experto viaxeiro que, nos anos 70, deixou o seu traballo para pasar cun amigo vinte días en Praga. Ao final o percorrido durou dous anos, e nunca chegaron a esta cidade.

“É difícil viaxar se non hai un lugar do que partir”, asegurou Karlotti. Un lugar para volver. Como el volveu a Galicia. Naceu en Maside, viviu en Ferrol e aos 13 anos marchou para Valladolid. Pero regresou, hai 19 anos, ao espazo da infancia, na que “está todo”, dixo. Viaxa, así, desde a periferia. E nunca -explícao nos poemas que recitou onte- coma o turista occidental que reproduce o colonialismo e só se preocupa do “How much?”. Senón coma o eterno nómade. Karlotti leu obras del. E doutro viaxeiro que nos deixou para sempre o testemuño da súa viaxe por mar á procura de novos horizontes: Manuel Antonio. Un momento especialmente intenso da súa intervención no Picaversos foi o recitado, a dúas voces con Estevo Creus, dun dos seus poemas.

Despois foi a quenda de Yolanda Castaño, outra nómade cuxo lugar de regreso é A Coruña. Ou Santiago. Celebrou, primeiro, que a poesía resista grazas a iniciativas coma o Picaversos. E con ela viaxamos da man de distintos autores. Coma o brasileiro Lêdo Ivo, coa súa reflexión sobre o tan burgués rexeitamento da persoa pobre como compañeira de viaxe. Ou Mercedes Cebrián e o seu ‘Mercado Común’, metáfora do soño europeo que se revelou fráxil, enganoso. Ou Juan Andrés García, Paulina Vinderman, Julieta Valero, Antoine Cassar e… máis perto, entre nós, Chus Pato.

Aterrou, despois de tan transoceánico periplo, na súa propia obra. Primeiro, ‘Babelia en galego’, tradución de obras de seis poetas de distintos recunchos do mundo. Entre eles, Xi Chuan, co que volvemos partir, desta vez cara Asia. Para logo, por suposto, volver coa propia Yolanda Castaño, no que foi un dos intres máis emocionantes da súa intervención: “Eu, que un día recollín/ mazás do xardín de Tolstoi,/ quero voltar a casa:/ o recanto/ que prefiro/ da Coruña/ xusto en ti”.

A cantante galega-palestina Najla Shami foi a última en recitar. Dixo que non era poeta, que nos ía ler algúns poemas árabes. Mais se cadra está enganada. Porque a música pode ser tamén poesía, e ela sacou hai pouco o seu primeiro disco, con Héctor Lorenzo, ‘Haikus’. Leunos, -por suposto-, ao gran poeta palestino Mahmud Darwish, do que escolleu versos coma estes: “Vós tedes espadas, nós sangue,/ vós tedes aceiro e lume, nós carne,/ vós tedes outro tanque, nós pedras,/ vós tedes gases lacrimóxenos, nós choiva,/ Pero o ceo e o aire/ Son os mesmos para todos. / Tomade unha porción do noso sangue e marchade,/ Entrade á festa, ceade, bailade… Despois marchade”. Recitou tamén a poetas palestinas máis novas, e rematou volvendo a Darwish, lido por Karlotti e acompañado, na guitarra, por ela mesma. Foi co poema “O xardín durmido”. Versos de amor no medio do apartheid. Viaxar, abofé que viaxamos.

TRACK LIST do Picaversos da Viaxe:

Karlotti leu poemas seus, de Manuel Antonio e Tomás Segovia.

De Babelia en galego (Colección Cíes, 2011), un volume colectivo de traducións de poetas contemporáneos para o galego que Yolanda Castaño vén de publicar, a poeta leu “Entre”, do maltés Antoine Cassar e “Exercicios de pensamento”, do chinés Xi Chuan. Outros poetas escollidos por Yolanda para esta sesión foron Carlos Pardo, Lêdo Ivo, Mercedes Cebrián, Juan Andrés García Román, Chus Pato, Paulina Biderman e Julieta Valero. Da súa autoría leu “Mazás do xardín de Tolstoi”.

E Najla Shami recitou a Mahmud Darwish, Fátena Al-Gurra e Fadwa Tuqan.

Aquí a track list musical.

+ FOTOS (por Iván Rouco)

Picaversos de Viaxes

Este martes 13 de marzo o Picaversos versará sobre a Viaxe. Da man dos poetas Juan Carlos Valle “Karlotti” e Yolanda Castaño e a cantante Najla Shami partiremos da corte dos cabalos que foi a parte baixa do Modus Vivendi cara onde eles tres nos queiran levar e ata onde nós nos deixemos ir.

Como sempre, ás nove da noite.

JUAN CARLOS VALLE ‘Karlotti’
Naceu por primeira vez en Maside. Posteriormente renacerá en tantas ocasións como episodios iniciáticos adornan a súa intensa biografía.
Poeta, viaxeiro e axitador tabernario, sempre na órbita dunha vangarda lúdica e militante, abraza a esencia da vida descalza e libérrima, escapando de todos os estamentos que o queren domesticar (familia, traballo, estado).

Froito da súa constante experimentación vital, participou en movementos políticos ou literarios en León e Valladolid; percorreu unha imaxinaria ruta da seda até a India durante dous anos de deriva psicoxeográfica; compartiu bares alternativos trenzados a base de jazz, poesía e amizade (“El cafetín del largo Adiós”, “El Farolito”), e plasmou unha pequena parte da súa aprendizaxe en revistas e libros colectivos, máis concretamente no seu poemario persoal Todos los jueves salvo la luna. Cabe apuntar, tamén, que é un dos promotores do Festival de Poesía Salvaxe de Ferrol.

A maior parte da sabedoría destilada pola vivencia radical de Karlotti permanece inédita. No seu libro “Postais de fume”, publicado hai poucos meses pola asociación de cidadáns de Ferrol Fucobuxán, podemos afondar nunha das personalidades máis singulares e fascinantes da cultura non oficial ibérica.

NAJLA SHAMI
“Mestizaxe” é a palabra que define a esta artista nacida en Santiago, de pai palestino e nai galega. O seu sangue é reflexo desta mestura, factor que define toda a súa traxectoria musical. A súa curiosidade pola música aflora moi cedo, influenciada pola
diversidade e riqueza de sons ós que tiña acceso no seo familiar e a musicalidade dos seis pais e irmáns. Con nove anos comeza os seus estudios no Conservatorio de Ourense, escollendo como instrumentos principais a voz e a guitarra. Durante esta formación, a polifonía toma cada vez máis peso dentro das súas preferencias o que a leva a formar parte de diversos coros na vila na que vivía. Aos 17 anos cursa estudios de Mestre en Educación Musical. Comeza a compoñer as súas primeiras cancións cara 1994 e uns anos despois forma a súa primeira banda, con temas orixinais, inaugurando o seu camiño no eido profesional. Recibe clases de técnica vocal, impartidas polo profesor Ramón Bermejo, e no ano 2000, pasa a formar parte do grupo de folk Fía na Roca, formación coa que estaría un par de anos.
A súa curiosidade e o gusto polo eclecticismo lévaa a cursar os estudios de Música Moderna en “Estudio Escola de Música” e é aquí onde descubre o jazz, estilo que influenciará profundamente a súa linguaxe. Durante esta etapa, crece o seu interese polos conxuntos vocais, participando activamente en distintos coros: O Coro da Rá, de música moderna, co que grava un spot para “1906”. O Coro da Agemm, de temática músicas do mundo, co que viaxa a Trondheim (Noruega) e participa no VI European Youth Music Festival no ano 2000. O coro do curso de Improvisación Musical SOUND PAINTING dirixido por Walter Thompson.
Forma parte do quinteto jazz vocal OS TRISTÁNS. Traballa coas compañías OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN, O PAÍS DA COMEDIA (Carlos Blanco e Nordesía Produccións), IMPLANTADOS (Antón Lopo e Branca Novoneyra). É vocalista e compositora no grupo de funk-retro CINNAMON GUM co que graba o disco “The Past to Come” (Enterphonics, 2003). Integrante na batucada brasileira TRÓPICO DE GRELOS, na que estuda percusión e música brasileira e indaga na música africana. Colabora activamente co virtuoso guitarrista afincado en Miami MICHEL GONZÁLEZ no seu proxecto conxunto “Meridiano Cero”.
O ano 2004 representa un punto de inflexión na súa carreira e trasládase a Bombay (India). Alí toma clases de técnica vocal hindú no JIVI (Jazz-India Vocal Institute), dirixido por Niranjan Jhaveri e impartidas por Dhanashree Pandit-Rai. Esa viaxe transforma a súa musicalidade interior, a súa linguaxe vocal e a súa persoa. Alí traballa coa compañía GALILEE Superstar (The Entertainment Co.) dirixida por JOE ALVARES e pasa a formar parte da súa banda.
Cun crecido interese nas músicas do mundo e na fusión, regresa a Santiago e entra a formar parte da banda SAFARI ORQUESTRA na parte vocal e compositiva coa que publica o álbum “Ben Deitei” (Ouvirmos, 2010). Ó mesmo tempo funda co guitarrista Héctor Lorenzo o proxecto LOBALÚ, unha das formacións máis estables da cantante e compositora a cal, mestura o jazz, a música brasileira e a música galega que converxen en composicións orixinais de gran singularidade. No seu primeiro traballo de estudio Haikus (Inquedanzas Sonoras, 2011), colaboran músicos de prestixio como o violinista Quim Fariña (Berrogüetto) integrante e co-fundador da formación, e colaboran outros como Guillerme Fernández (Berrogüetto, Espido), Pedro Pascual (Marful), Michel González, Álvaro Vieito, Miguel Queixas (Nova Galega de Danza), entre outros.
Paralelamente, continúa o seu proceso de formación vocal con cursos de técnica VOICE KRAFT impartidos pola foniatra Marisa Lois, a profesora Helen Rowson, Sarah Stephenson, Charlotte Shorthouse e Alexandra Morales (Liverpool e Barcelona) do 2005 ó 2007. Recibe clases de improvisación jazzística coa cantante Celia Mur e de técnica clásica coa soprano Mercedes Hernández. Nos últimos anos, vén combinando as súas dúas paixóns: a ensinanza e a música.

YOLANDA CASTAÑO

(Santiago de Compostela, 1977) Poeta, videocreadora, columnista e activa dinamizadora cultural, co-dirixe un ciclo de recitais mensuais con poetas galegos/as e internacionais no Ágora (A Coruña) e o festival de poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra. Durante 5 anos e medio co-presentou un concurso cultural diario na TVG e publicou 3 columnas semanais na prensa galega. Dirixiu obradoiros literarios e ofrece recitais poéticos dentro e fóra do país. Premio da Crítica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007 e Premio Ojo Crítico 2009, Yolanda conta con 5 poemarios individuais, edicións bilingües (galego-castelán) realizadas por ela mesma e tres libros de poesía infantil. Interesada na fusión da poesía con outras linguaxes creativas, desenvolve experiencias que a vencellan á plástica, a música, a performace, a danza ou o audiovisual, xa sexa en solitario, en colaboración con outros artistas ou xunta o grupo Tender a man. Recibiu a bolsa de creación en residencia da ‘Villa Waldberta’ (Munich). A súa obra apareceu representada en multitude de revistas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais, así coma en numerosos festivais de Europa e América, téndose traducido en parte a máis dunha decena de linguas.