Con adición

Coa crónica que publica hoxe Montse Dopico no Dioivo pouco máis temos que dicir. Deixámosvos as fotos (de Esther Taboada) da sesión Adict@s e a lista de escollas dos nosos convidados.

LECTURAS:

Gonzalo Hermo:
María Lado, Antón Lopo (Ganga), Anne Sexton, Estevo Creus (Areados).

Maite Dono:
Angélica Liddell (La casa de la fuerza), Beatriz Preciado (Testo Yonki), Maite Dono (Circus Girl).

O Leo i Arremecághona con Fadi á zanfona:
Lois Pereiro, Joy Division (vers. de Love will tear us apart – O amor hanos esnaquizar outra vez), Lou Reed + Afonso X (vers. Heroin), O Leo (Hai cu).

Advertisements

Os convidados Adictos

O poeta Gonzalo Hermo, a cantante e escritora Maite Dono e o cantautor punk O Leo i Arremecághona protagonizarán a sesión de Picaversos Adictos, este martes día 10 de abril, como sempre, ás 21.00 h. no Modus Vivendi.

Eles tres, tan diferentes entre si, escollerán e interpretarán textos que configurarán o catálogo de adicións para esa noite. Haberá para todos os gustos e en todas as súas variantes.

Agárdamosvos á volta da Semana Santa… Con devoción e adición poética 😉

Próximas sesións

O martes 10 de abril dará comezo o último trimestre de Picaversos deste curso. Logo da Semana Santa pareceunos interesante comezar cunha sesión que versase sobre a adición, á que seguirá un Picaversos nocturno e unha jam session onde tod@s @s que queirades ler estades convidad@s a participar (poñeremos instruccións proximamente). O desasosego e a luz serán os temas últimos das lecturas picaversianas. O calendario queda así:

10/Abr. ADICTOS
24/Abr. NOCTURNOS
8/Mai. JAM SESSION
29/Mai. DESASOSEGO
12/Xuño LUMINOSOS
En vindeiros posts anunciaremos os nomes d@s convidad@s a estas sesións.