Vídeo resumo dos rockeiros

Mentres agardamos a que chegue a sesión máis participativa, a jam (o próximo 16 de abril), deixámosvos este vídeo resumo dos Picaversos Rock que tanto disfrutamos despois do susto do apagón na mazá da praza de Abastos…

Nela participaran Alfonso Espiño, Luís Pardo e Lucía Aldao. Estiveran fantásticos!

Resumos en vídeo de sesións pasadas

Aquí vos deixamos os resumos en vídeo das sesións de Lois Pereiro (con Marta Pedrosa, Mario Regueira, Paco Macías e Iago Martinez), Soños (con Ildefonso Rodríguez e Cova Villegas) e Músicos (con Carlos Santiago).

Grazas á colaboración da xente de Aupa polas gravacións e a montaxe!

Picaloucura

O pase de diapositivas require JavaScript.

Aqui tres fotiños feitas co mobil do Picaversos de onte… Que foi moi especial… Escoitamos a Pilar Pereira recitar a Rosalia de Castro de memoria, a remestura e re-escritura de textos que Xiana Arias nos leu cun precioso funil na sua cabeciña (que podedes descargar aqui: PICAVERSOS nós, as tolas), e chimpamos con Inacio e Benxamin (Fantoches Baj) na Acrobacia Acuatica que adaptaron para o noso refuxio mariño, o Modus Vivendi.

Un plaisir.

P.D. Hoxe o noso ordenador come as tiles, desculpade!